CoPsoQ - Sobre nós

banner video

Quen somos

Que é ISTAS?

ISTAS (Instituto Sindical de Traballo, Ambiente e Saúde) é unha fundación de carácter técnico-sindical promovida por CCOO (Confederación Sindical de Comisións Obreiras) co obxectivo de impulsar actividades para a mellora das condicións de traballo, a protección do medio ambiente e a promoción da saúde dos traballadores e traballadoras.

No ano 2000 creouse, con sede en Barcelona, o Centro de Referencia en Organización do Traballo e Saúde co fin de impulsar e incidir na intervención técnica e sindical para avanzar cara a unha organización do traballo máis saudable.

No ano 2003 adaptamos a ferramenta de avaliación e prevención dos riscos psicosociais CoPsoQ ao estado español.

O equipo do Centro de Referencia en Organización do Traballo e Saúde está formado por:

Rosa Andrés López
Clara Llorens Serrano
Salvador Moncada Lluís

Que é o CoPsoQ?

O CoPsoQ é un instrumento internacional para a investigación, a avaliación e a prevención dos riscos psicosociais, que ten a súa orixe en Dinamarca. A primeira versión realizouna un grupo de investigadores do National Research Centre for the Working Environment no ano 2000.

Actualmente ten unha importante dimensión internacional: ademais de en Dinamarca, está validado en España, Alemaña e Chile, e outros países (China, Irán, Francia, Bélxica…) están a desenvolver a súa validación.

Se queres coñecer máis sobre a súa evolución e situación, recomendámosche a lectura de:

Kristensen TS. A questionnaire is
more than a questionnaire

Scand J Public Health, 2010; 38 (Suppl3): 149-155

Nübling M, Burr H, Moncada S, Kristensen TS. COPSOQ International Network: Co-operation for research and assessment of psychosocial factors at work. Public Health Forum 2013

 

Onde atoparnos?

O Centro de Referencia de Organización do Traballo e Saúde de ISTAS ten as súas instalacións na sede de Comisións Obreiras de Cataluña:

Via Laietana, 16
08003 Barcelona
istas21.copsoq@istas.net


Ver CCOO de Catalunya nun mapa meirande.

 

Desarrollo web: